Instructor

Xano Cebreiro

Profe

Ensino lingua e literatura

Reviews

Course reviews will be shown here

Overview

Proponse a escrita de fichas de películas que amosen unha situación de minorización lingüística, especialmente da lingua galega.

Trabállanse, para iso, no nivel de 2º ESO, a comprensión, a esquematización e os trazos do texto expositivo, incluídos algúns mecanismos de cohesión, así como o status das linguas e o proceso de normalización.

Entre as destrezas que se teñen en conta para determinar os criterios de avaliación, están:

  • Comprender a intención comunicativa, o tema e as ideas principais de textos expositivos sinxelos.
  • Recoller nun esquema de ideas a información clave do texto.
  • Recoñecer a adecuación dos contidos ao coñecemento do destinatario a través de procedementos explicativos (definicións, exemplos, reformulacións).
  • Recoñecer os procedementos para a ocultación do emisor, como a oración sen suxeito e impersoal.
  • Manexar os esquemas textuais descritivo, comparativo e enumerativo (clasificación, exemplificación, ilustración).
  • Percibir a progresión mediante mecanismos de correferencia léxica.
  • Recoñecer e usar os marcadores temporais e de orde para marcar etapas e distribuír a información, así como os índices gráficos que a estruturan.
  • Distinguir frase de oración e percibir a orde lóxica desta.
  • Diferenciar a ficha (dun produto cultural) doutros xéneros sinxelos do tipo expositivo e caracterizala.
  • Comprender as principais situacións das linguas minorizadas no marco da diversidade lingüística do mundo.
  • Revisar cun mínimo criterio o proceso de normalización lingüística en Galicia.
  • Planificar a escrita de fichas: recolleita de información adecuada, finalidade informativa, esquema textual...
  • Redactar de acordo cos trazos do xénero.

Materia regrada: Lingua galega e literatura.

Nivel: 2º ESO

Profesor: Xano

 

Course content

  • 1. Explícame

Interested? Enroll to this course right now.

There is more to learn